OH - PERA !


… en OH-PERA, igual que na vida, non existe estabilidade, senon andar en equilibrio...
​
​
Contar historias desde a imaxe, cando as cousas falan, descubrir novos espazos e ver come se transforman os vellos. Todo cambia, nada permanece e con cada transformación ábrese un mundo de posibilidades. Todo está composto de átomos, segundo como se combinen pode ser unha xirafa, unha cadeira ou unha escaleira. O mundo está feito de pezas elementais e o noso mundo está feito de caixas que van mudando en universos diferentes. Unha viaxe polas posiblidades da vida, polas eleccións que tomamos no día a día, nas que o amor é a materia escura que os une.
oh-pera
Un show de Circo contemporáneo, para todos os públicos
​
Mezcla de teatro, humor e circo, onde o realismo síntese nas técnicas de circo cun risco totalmente real, en canto a equilibrios , acrobacias e técnicas aéreas levadas a cabo dunha forma creativa, única e nunca vista.
Un show innovador, que achega ao público a unha dramaturgia onde os personaxes atravesan situacións realmente divertidas, complexas e que lles leva a un remuiño de emocións que o público vivirá como súas
Cada acto ou paso que se da, xera un cambio, unha evolución na relación dos personaxes, que os levará a situacións tan arriscadas como emocionais e por suposto divertidas.
A escena cambia e evoluciona coma por arte de maxia, e a música conmove e acompáña a estes personaxes que parecen buscar o sentido da vida dun xeito divertido e arriscado.








